Conversa:Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Arquivo Arquivo das versións antigas da Portada:


Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3, 4, 5
Visitas á páxina deste artigo nos últimos 30 días

Estatísticas detalladas de tráfico

Solicitude de edición[editar a fonte]

A "foto do día" do xacaré dáse como situada en "El Pantanal", Brasil. Supoño que se tratará de "O Pantanal", xa que dubido de que o topónimo sexa en castelán.

Feito! Feito! Banjo tell me 29 de xaneiro de 2018 ás 07:12 (UTC)

Dato erróneo[editar a fonte]

1881, nace Fiódor Dostoievski, escritor ruso Lles (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 09:11 (UTC) É a data da morte Lles (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 09:12 (UTC)

  • Feito! Corrixido. Había unha confusión coa data de falecemento. Grazas, Lles. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de febreiro de 2018 ás 09:14 (UTC)

Construción[editar a fonte]

A construción "invéntase...por" en "invéntase o nailon (un material termoplástico pertencente a unha familia de polímeros sintéticos) por Wallace Carothers e DuPont." penso que non é correcta. Lles (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 09:28 (UTC)

Modificado; para outra vez podes facelo pola túa conta pulsando en "Outras efemérides destacadas" -> "Editar" :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2018 ás 13:49 (UTC)
As efemérides do día só poden editalas os administradores durante ese día que permanecen en portada debido á protección en serie da mesma, entendo que por aí ven a petición. Banjo tell me 28 de febreiro de 2018 ás 18:37 (UTC)

Datos contraditorios[editar a fonte]

Este texto:

1908, morren 129 mulleres no incendio dunha fábrica téxtil de Nova York na que estaban encerradas para reclamar a igualdade de dereitos laborais cos homes. Ese feito deu orixe ao Día da Muller Traballadora.

é contradictorio co que conta en https://gl.bywiki.com/wiki/D%C3%ADa_Internacional_da_Muller.

Segundo o artigo, o que sucedeu o 8 de marzo foi:

o primeiro Día Nacional da Muller, en conmemoración dunha marcha celebrada o 8 de marzo de 1908[2] na que milleiros de mulleres marcharan protestando polo traballo dos menores e pedindo melloras nas condicións laborais e o dereito ao voto baixo o lema de "Pan e rosas"[3], e que se seguiu celebrando o último domingo de febreiro ata 1913.

O incendio sería o 25 de marzo de 1911 Lles (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 08:51 (UTC)

Lles, cambiei o dato quitando o do incendio. Porén a cousa non está clara, no artigo en castelán e no inglés, non concordan os datos e eventos, haberá que revisalo un pouco máis, pero agora non teño tempo de facelo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 09:57 (UTC)

Seguindo o noso artigo cambiaría: 1909, celébrase unha marcha en Nova York denominada "National Woman's Day", sendo considerado o primeiro Día da Muller Traballadora. por 1908, marcha "Pan e rosas" na orixe da celebración do Día da Muller Traballadora Lles (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 10:55 (UTC)

Vale, cambieino Lles, para que concorde co contido que temos no artigo, pero sigo pensando que hai que investigar máis ese tema porque paréceme que non está de todo correcto, pero agora sigo sen tempo para revisalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 12:01 (UTC)

Data de nacemento de Daniel Defoeː corrixir[editar a fonte]

(n. 1659-1661) en vez de (n. 1959-1961)--Cuatrivialer
Cuatrivialer, non entendo o que queres dicir, na portada pon que faleceu en 1731 e que naceu cara 1660, tal e como indica, por exemplo, esta referencia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2018 ás 22:35 (UTC)
OK Corrixido por Estevoai [1]. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2018 ás 10:04 (UTC)
Pois Estevoaei, para outra deixa anotado que xa está corrixido, así non me volvo tolo (aínda que estaría moi ben volverse Toliño) :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2018 ás 13:27 (UTC)

Chamán / xamán[editar a fonte]

Na foto destacada dise "Rocha do Chamán", pero no DRAG o que vén é xamán (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xamán.).--Miguelferig (conversa) 21 de maio de 2018 ás 10:50 (UTC)

Feito! Feito! Grazas polo aviso Miguelferig. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2018 ás 16:07 (UTC)

Abegondo[editar a fonte]

No artigo Abegondo, na sección Sobre Galicia aparece en vermello a ligazón a vía XX per loca maritima, pero si existe artigo sobre esa vía, vía XX.--Jglamela (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 17:57 (UTC)

Feito! Feito!, grazas polo aviso Jglamela.--AMPERIO (conversa) 4 de xuño de 2018 ás 17:59 (UTC)

Gran / Grande[editar a fonte]

Onde di: constrúese o gran oleoduto debería poñer: constrúese o grande oleoduto gran Lles (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 11:42 (UTC)

Feito! Feito! Grazas polo aviso Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 11:50 (UTC).
Elisardojm, xa vin que me interpretaches ben, aínda que puxera o mesmo texto. Un saúdo, Lles (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 13:17 (UTC)
Se non era boi, era vaca! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2018 ás 22:16 (UTC)

No artigo principal da portada[editar a fonte]

Penso que glasnost é de xénero feminino, que sería "da glasnot". Lles (conversa) 2 de xullo de 2018 ás 07:30 (UTC)

Feito! Feito!, grazas polo aviso Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2018 ás 08:28 (UTC)

Sección "Tal día como hoxe no ano...": Referenciar a persoa ou obxecto que aparece na Imaxe Destacada.[editar a fonte]

Na sección "Tal día como hoxe no ano..." habería que indicar quen é a persoa ou que é a imaxe que aparece destacada, referíndoa coa correspondente coletilla de "na imaxe": O escritor tal e tal (na imaxe), para evitar confusións e aclarar quen ou que é o que aparece na Imaxe Destacada. Gracias.

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 16:06 (UTC)