Moviment de Defensa de la Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Moviment de Defensa de la Terra (MDT) é unha organización independentista revolucionaria que ten como ámbito os países cataláns. Xurdiu da confluencia do PSAN, de Independentistes dels Països Catalans e independentes en 1984 tras varios anos de tentativas de organizar ó independentismo próximo a Terra Lliure. En 1987 os enfrontamentos na II Asemblea entre o PSAN e IPC deu lugar a que a organización se fraccionase en dous grupos: MDT-PSAN e MDT-IPC, o primeiro daría lugar á coalición Catalunya Lliure e o segundo foi o que mantivo o nome e deu cobertura ás Candidaturas d'Unitat Popular e acabou formando a Assemblea d'Unitat Popular. En 1998 un grupo de antigos dirixentes da MDT-IPC crean os Comites de Defensa de la Terra (provisionals) que supuxeron o renacemento do MDT en 1999, xa como partido marxista-leninista.