Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Cardinal Josyp Slipyj.jpg

Yosyf Slipyi (en ucraíno: Йосиф Сліпий), de nome secular Yosyf Kobernytskyi-Dychkovskyi (en ucraíno: Йосиф Коберницький-Дичковський), nado en Zazdrist, Galicia, o 17 de febreiro de 1892 e finado en Roma o 7 de setembro de 1984, foi un bispo católico ucraíno, Arcebispo Maior de Lviv e cardeal da Igrexa Católica. Preso do réxime soviético dende 1945, foi finalmente liberado en 1963, grazas ás presións do Vaticano e dos Estados Unidos para participar no Concilio Vaticano II.

Dende o seu exilio denunciou repetidamente a falta de liberdade relixiosa no seu país, especialmente no Concilio e nos Sínodos posteriores. Ante o papa, no Tribunal Sakharov e no congreso de Axuda á Igrexa Necesitada, enumerou os nomes dos fieis católicos presos. En 1980 convocou en Roma o Sínodo de Bispos ucraínos, co fin de darlle unha forma canónica estable á Igrexa Católica Ucraína. Yosyf Slipyi finou o 7 de setembro de 1984, na sé da Universidade Católica Ucraína na que residía. Xoán Paulo II acudiu á sede da universidade a pregar e rendirlle homenaxe.

Sobre Galicia

Ovella. Galiza.jpg

Recóllese a pegada da ovella na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Inclúese tamén a información recollida sobre o carneiro ou o año, así como sobre os produtos obtidos da ovella e, finalmente, a referida ó pastor. A ovella, en Galicia, recibe tamén as denominacións de almella, beche e perica (esta, a ovella nova). O carneiro: bidente, perico ou, en Feás, ovello. E o año: andosco, añagoto.

Unha ovella ruín, fraca, que vai perdendo a la, recibe os nomes de carriona, pandorca, rancaña e ranquela. O rabaño de ovellas recibe os nomes de ovellume ou de res (res da aldea cando se aplicaba ó rabaño comunal, formado polas reses dos diferentes veciños), e o pastor que as coida recibe, ademais, os nomes de pegureiro e ovelleiro. Non era infrecuente que se pastorearan vacas e ovellas mesturadas, recibindo estas o nome de ovella das vacas.

A ovella que dirixe o rabaño, que actúa como guía ou capitá recibe os nomes de ovella mestra ou ovella guía, así como andoriña. Antigamente, os labregos que pastoreaban ovellas pagaban ós cazadores unha avinza anual, chamada carneiro do lobo, que consistía nun carneiro ó ano ou o seu valor en diñeiro en contraprestación polos lobos que aqueles mataban. Esta especie de imposto está documentada xa desde 1631, cando se describe "como de tiempo inmemorial", e semella máis un resto dos décimos que pagaban os campesiños ós seus señores.

Tal día como hoxe no ano...

Jacques-Louis David 017.jpg

Imaxe da semana

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas séntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 78 052 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 272 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento