Wikipedia:A Taberna (axuda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección axuda da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg

Esta sección úsase para pedir axuda aos demais usuarios.

Comezar un novo fío de conversa

Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22

Como categorizar fotos subidas a Commons[editar a fonte]

Saúde, dispoñome a subir algunhas fotos a Commons e quería facelo ben de vez. Non teño moi claro cómo hay que categorizar as imaxes correctamente. O idioma das categorías é só ingles? Hai algun sitio onde se poda ver unha lista de categorías? O que teño para subir ten que ver con microscopía, microscopios electrónicos e outros trebellos de laboratorios de ciencias. Grazas por adiantado. --Viascos (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 23:25 (UTC)

Si Viascos, en Commons as categorías están en inglés, hai anos que se fixeron varias peticións para que sexan multilingua pero non o dan feito. Aquí tes a lista de categorías pero non creo que che axude moito, hai miles. O máis doado é que procures alí imaxes do tema que queres subir, que seguramente xa haberá algunha, e mires en que categorías están. A maiores, tes a categoría Microscopes, aí hai moitas subcategorías que poden serche de utilidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 00:04 (UTC)

Eliminación de usuaria : nomedeusuaria creada para videotitorial[editar a fonte]

Boas, estiven buscando sen moito exito video titoriais para a creación de contas de cara o wikimaratón do día 20 (todos son en inglés, español ou moi longos), así que creei unha conta de usuaria chamada nomedeusuaria con outro correo que teño e creei o titorial. Por favor, poderíades borrala? Moitas grazas. --Maria zaos (conversa) 14 de febreiro de 2018 ás 21:34 (UTC)

Maria zaos, as contas non poden borrarse, o que podes facer é entrar nesa conta e poñer o modelo {{Usuario retirado}}. Coméntoche que só se pode ter unha conta de usuario, salvo casos excepcionais como podes ver en Wikipedia:Monicreques.
Por outra banda, podes dicirnos onde está ese videotitorial? Pode ser moi interesante para outros eventos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:21 (UTC)
O titorial colgárono aquí, teño o ficheiro orixinal se fai falla. Saúdos e grazas de novo--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 12:40 (UTC)!

Troco de nome de páxina[editar a fonte]

Necesito que se troque o nome desta páxina Castro de Pena Grande por Valado prehistórico do Val. Creouse como castro cando non é tal. Saúdos --47.63.107.93 17 de febreiro de 2018 ás 14:04 (UTC)

Feito! Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de febreiro de 2018 ás 14:58 (UTC)

@47.63.107.93: Queda pendente modificar as páxinas que ligan con Castro de Pena Grande. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 17 de febreiro de 2018 ás 19:56 (UTC)

Acabo de movelo a Monte da Lagoa, Narón, na única referencia do artigo emprégase esa denominación. Engadinlle ademáis o nome do concello, como está mandado. Sobre as páxinas que ligan, alén desta mesma páxina, unicamente hai unha listaxe de castros. Polo que parece o valado este é neolítico, non castrexo, se cadra hai que retiralo desa lista. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de febreiro de 2018 ás 21:57 (UTC)

Non concordo co cambio de nome Xoacas, o artigo fala dun cercado, ou valado, neolítico, non dun monte. Monte da Lagoa, é o nome do outeiro no que se atopa. Eu deixaríao co nome de Cercado neolítico do Val, segundo se indica na referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 01:42 (UTC)

Non temos outra referencia que ese artigo, ergo haberá que seguir o que o artigo di. Con salvedades.

O único nome que se emprega neste artigo pra referirse a este sitio arqueolóxico é o de monte da Lagoa. Nos parágrafos anteriores fala dos diferentes significados do topónimo Lagoa dentro do propio concello de Narón e fóra. Dá igual, non temos outra forma referenciada. Monte da lagoa é o nome do sitio arqueolóxico, posto que ese é o criterio que se segue pra denominar os lugares arqueolóxicos, que empregan a toponimia ou a microtoponimia existentes.

Por outra banda, estamos falando dun traballo de André Pena Graña, que é un home cando menos polémico. Esas son as salvedades das que falaba antes. Cando leo algo de Pena Granha non podo evitar lembrar a Jiménez del Oso e os seus programas sobre os Ovnis. Acaba un vendo celtas ata na sopa de sobre. Pero vamos, éche o que hai. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18 de febreiro de 2018 ás 22:53 (UTC)

Debe quedar claro que NON é un castro (como pon a Xunta na súa cartografía) André Pena Granha (que coido foi o que o identificou correctamente) o define como valado prehistórico e dende vai máis de 20 anos se teñen identificado máis en galiza. Do seu estudo sacaranse conclusións e polo tanto definicións. --47.63.107.93 19 de febreiro de 2018 ás 01:11 (UTC)
En que cartografía da Xunta pon que é un castro? Non a atopo, busquei no Sixpac e nese sitio pon un símbolo que creo que é dun vértice xeodésico co nome "Lagoa" (a secas) e 309, que supoño que é a altitude. Logo no visor de mapas da Xunta, aquí, na mesma posición, e seleccionando as afeccións de patrimonio cultural, no aparece nada, nin siquera o nome de Lagoa.
Nesa mesma cartografía da Xunta (no Mapa Base Vectorial) pon que é un castro --47.63.107.93 20 de febreiro de 2018 ás 00:57 (UTC)
Eu o que non entendo é como lle imos chamar monte ó artigo dun valado, non me parece correcto. Como dis, Xoacas, os sitios arqueolóxicos levan o nome do lugar, pero tamén entendo que levan no nome a descrición do que son, "castro de", "petróglifo de"..., e neste caso, aínda que non estea explicitamente indicado na referencia, se é un valado ou un cercado neolítico, eu entendo que o artigo terá que levar o nome de "valado neolítico de ..." ou "cercado neolítico de ...". Logo a iso haberá que engadirlle o topónimo, monte da Lagoa ou simplemente Lagoa como aparece no mapa da Xunta..., non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 09:50 (UTC)
Pois non, é un achádego "arqueolóxio-bibliográfico" ninguén na zona sabía o que era ata que o dixo André Pena Granha. E o calificou de valado prehistórico do val (está nun monte, certo e ten un nome pero todo eso non tiña nada que ver co nome e o uso) --47.63.107.93 20 de febreiro de 2018 ás 00:57 (UTC)
Ah, xa o atopei onde dicía a ip. Pero non coincide a situación do valado coa do "suposto" castro do mapa base vectorial, se se comparan esas posicións coas do sixpac, atópase que o valado está enriba dun lugar denominado "Lagoa", a 309 m. de altura, e ese "suposto" castro está noutro lugar un chisco máis ó este, nun lugar denominado Pena Grande, a 303 m. de altura... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 01:55 (UTC)

En Narón hai un monte, no monte hai un muro, ese lugar chámase Lagoa. Sobre eses tres datos, André Pena Graña, insigne iluminado, constrúe unha hipótese baseada en que, como é ben sabido, os topónimos que conteñen a palabra lagoa fan referencia, non a unha lagoa, senón a outras cousas máis novelescas. Pra ben ser, este artigo habería que borralo, pero resulta que está referenciado, e que a referencia é un artigo asinado por un señor que se considera fonte fiable. A min de fiable tenme pouco, eu digo que se borre. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20 de febreiro de 2018 ás 22:32 (UTC)

A argumentación é irrebatible! No monte hai unha construción prehistórica identificada como valado... pero como esa identificación a fixo andré pena granha hai que borrar o artigo? Mira, xa postos poderiamos organizar en galipedia unha merenda fin de semana e ir todos ao monte con sachos a desfacer o tal valado prehistórico... total, como hai que borralo da galipedia pois xa o facemos alí mesmo! Así non quedarán nin referencias no terreo... Será eso o que pasou ba biblioteca de Alexandría? --47.63.107.93 21 de febreiro de 2018 ás 00:53 (UTC)

sobre modelo control de autoridades: está duplicando o identificador ISNI?[editar a fonte]

Ola, non sei se este é o sitio adecuado. Acabo de decatar que o modelo de control de autoridades cando recolle de Wikidata o identificador externo ISNI duplícao no cadriño de control de autoridades, polo que dá erro a ligazón. Comprobei en Wikidata e todo semella normal. Será cousa do modelo? Un saúdo--Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 21:24 (UTC)

Maria zaos, pon un artigo que lle pase iso para botarlle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 22:46 (UTC)
@Elisardojm:Kisamor,Suíza,Angela Gheorghiu tiñan que ter 16 díxitos no ISNI e teñen 32. Saúdos --Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 22:57 (UTC)
@Maria zaos:, xa vin o erro. Revisei por riba o código pero é bastante complexo e non dei atopado o problema. O que si me decatei é que é unha versión do modelo en portugués, e a eles tamén lles funciona mal no mesmo identificador polo que avisei alí para que os que o crearon intenten botarlle un ollo. Mirarei un pouco máis pero espero que eles poidan botarnos unha man. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 10:02 (UTC)
Ó mellor..., Banjo ou HombreDHojalata poden amañar isto, eles son os que máis traballaron neste modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2018 ás 12:39 (UTC)
Parece ser que é un erro no código fonte. A wiki PT ten o mesmo erro -> https://pt.bywiki.com/wiki/Fernando_Pessoa --193.125.196.73 28 de febreiro de 2018 ás 12:26 (UTC)

Falta todo este código fonte? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.125.196.73 (conversacontribucións) 28 de febreiro de 2018 ás 12:41‎

--Returns the ISNI check digit isni must be a string where the 15 first elements are digits
local function getIsniCheckDigit( isni )
	local total = 0
	for i = 1, 15 do
		local digit = isni:byte( i ) - 48 --Get integer value
		total = (total + digit) * 2
	end
	local remainder = total % 11
	local result = (12 - remainder) % 11
	if result == 10 then
		return "X"
	end
	return tostring( result )
end

--Validate ISNI (and ORCID) and retuns it as a 16 characters string or returns false if it's invalid
--See http://support.orcid.org/knowledgebase/articles/116780-structure-of-the-orcid-identifier
local function validateIsni( id )
	id = id:gsub( '[ %-]', '' ):upper()
	if not id:match( '^%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d%d[%dX]$' ) then
		return false
	end
	if getIsniCheckDigit( id ) ~= string.char( id:byte( 16 ) ) then
		return false
	end
	return id
end

local function isniLink( id )
	id = validateIsni( id )
	if not id then
		return false
	end
	return '[http://isni.org/isni/' .. id .. ' ' .. id:sub( 1, 4 ) .. ' ' .. id:sub( 5, 8 ) .. ' '  .. id:sub( 9, 12 ) .. ' '  .. id:sub( 13, 16 ) .. ']' .. getCatForId( 'ISNI' )
end

Non é que falte, é que o código actual do módulo adaptouse en base ó en:Module:Taxonbar, separándose da implementación inicial que estaba baseada en en:Module:Authority control. O ISNI dálle problemas a ámbolos dous métodos polo seu formato con espazos e pola formatter url que ten definida en wikidata, de aí que para o segundo dos módulos se definise esa función de arranxo específica para o ISNI. Adaptala ó código actual pode dar máis problemas pola súa estrutura máis particular. Se consigo sacar tempo intentarei revisalo con calma a ver como se pode facer, en calquera caso pódese comentar a liña relativa ó ISNI en Módulo:Control de autoridades/conf se se quere omitir o ISNI mentres tanto. Banjo tell me 28 de febreiro de 2018 ás 18:35 (UTC)

Se non vai pode ser boa idea omitio ata que estea arranxado. --193.144.61.240 28 de febreiro de 2018 ás 19:00 (UTC)

lugar sin localizar[editar a fonte]

a ver se alguén pode atopar este lugar -> https://gl.bywiki.com/wiki/A_Veiga,_O_Val,_Nar%C3%B3n
A Veiga, O Val, Narón onde está no mapa? non o vexo no nomenclator da xunta nin nos mapas da xunta. --77.229.235.57 27 de febreiro de 2018 ás 13:28 (UTC)

77.229.235.57, tes razón que ese lugar non está no Nomenclátor, hai que revisalo, en principio parece que é un erro... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 15:50 (UTC)
Tampouco atopo ningún lugar chamado A Veiga no concello de Narón. Estevoaei, cando teñas un momento, podes revisar isto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 15:54 (UTC)

continuando co mesmo concello:

Lugares da parroquia de Doso no concello de Narón

As Ánimas | Os Bidueiros | A Braña | O Bustelo | A Cabrita | Os Calvos | O Carballo Furado | A Casanova | As Cerdeiras | O Chao | A Costa | A Gaiba | O Igrexario | Pielas | O Pouso | Santá | O Souto | Os Tortos | O Verdescal | Vista Alegre

Eses son os lugares segundo galipedia (17). No nomenclator da xunta están estes (20):

As Ánimas, Os Bidueiros, A Braña, O Bustelo, A Cabrita, Os Calvos, O Carballo Furado, A Casanova, As Cerdeiras, O Chao, A Costa, A Gaiba, O Igrexario, Pielas, O Pouso, Santá, O Souto, Os Tortos, O Verdescal, Vista Alegre
20 lugares atopados
https://www.xunta.gal/nomenclator?p_p_id=NomenclatorPortlet_WAR_NomenclatorPortlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=2&busquedaGuiada=1&idProv=4&idConc=15054&idParr=1505402 faltan TRES no listado de galipedia --193.125.196.73 1 de marzo de 2018 ás 16:01 (UTC)

193.125.196.73, se ves que faltan ti mesmo podes engadilos na táboa. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 16:13 (UTC)

Xa veño de subir o resto das imaxes e xeolocalizar os lugares. Pero hai varios en Pedroso que non encaixan:

Lugares da parroquia de Pedroso no concello de Narón

Bazón | Os Bidueiros | O Carballo | O Castro da Ermida | O Castro | O Catasol | As Congostras | A Corredoira | A Costeira | O Cotelo | Faxín | A Gándara | Os Loureiros | Meizoso | O Mosteiro | Mugardos | Os Novás | Painzás | A Pallota | A Pedra | A Pereiruga | Piñeiros | O Pouso Vello | O Pozo | Pradelo | A Revolta | O Río do Couto | Santá | A Vacariza


Hai tres lugares nesa listaxe que dan problemas:

  • Río Vello, onde está este lugar? No mapa da xunta non aparece.
  • O Pouso Vello, non aparece na cartografía da xunta. Hai en Doso un lugar chamado O Pouso, será o mesmo?
  • Santá, este lugar está en Doso, dividido con Pedroso. Debe poñerse nas dúas parroquias? No mapa da xunta está indicado en Doso.

--193.125.196.73 3 de marzo de 2018 ás 21:23 (UTC)

Eliminei o lugar de Río Vello porque ese lugar non o atopei no Nomenclátor. Sobre o de Santar, non sei, ou é un erro do Nomenclátor ou do mapa da Xunta. No mapa da Xunta está na parroquia de Doso, e non moi á beira coa fronteira coa parroquia de Pedroso. Do lugar de Pouso Vello tampouco atopo a localización, a ver se alguén pode atopar máis información sobre isto... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 22:12 (UTC)
Mandeilles un correo a ver se a xunta di algo --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 15:17 (UTC)

Lugares fora de nomenclator da xunta[editar a fonte]

Que se fai cos lugares non incluídos do nomenclator da Xunta das Parroquias civis? Nas parroquias, sobre todo nas rurais, hai más lugares dos que menciona a xunta no seu nomenclator. Estes lugares existen e pódense incluír. Habería que buscar un xeito de mencionalos na páxina da parroquia e referencialos, a mapas ou con imaxes destes lugares. Todos con xeoreferencias. Nos modelos de parroquias habería que incluír un engadido, algo así:

Lugares da parroquia de Castro no concello de Narón

O Agrande | A Borrallada | Borreiros | Calle das Rocas | O Campo das Ratas | A Carballosa | A Chousa | A Costa | Fernande | Gadoi | A Mata | Nelle | A Pena de Embade | Os Sobecos

Lugares da parroquia de Castro no concello de Narón fora de nomenclator da Xunta

Castro Delas | Coto Vart | A Chousa Branca

Ou algunha alternativa similar --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 15:17 (UTC)

  • Ola, ip. Podes achegar unha referencia válida para eses lugares que non figuran no Nomenclátor? Un plan de ordenación territorial do Concello, informes de toponimia elaborados por algunha universidade ou algo semellante. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2018 ás 15:45 (UTC)
Xa, supoño que unha foto do cartel posto polo concello no che vale. Váleche o concello da coruña? Non sei se fuches algunha vez a marineda city... coñeces As Rañas? --193.144.61.240 7 de marzo de 2018 ás 17:33 (UTC)

Este ven co logotipo do concello da coruña: http://www.coruna.gal/descarga/1453640676293/convenio-asf-castellano.pdf

https://elpais.com/diario/2010/12/22/galicia/1293016698_850215.html

https://www.google.es/search?q=as+ra%C3%B1as+coru%C3%B1as&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox-b&gfe_rd=cr&dcr=0&ei=UiCgWvLPBYWyX9Wvv7AP

Lugares da parroquia de San Cristovo das Viñas no concello da Coruña

A Grela | O Birloque | O Bosque | A Cabana | Cances | A Cova | Fontenova | Laxes de Orro | Lonzas | O Martinete | A Moura | San Cristovo das Viñas | San Xosé | Someso | A Silva

Pero segundo a xunta non existe --193.144.61.240 7 de marzo de 2018 ás 17:33 (UTC)

  • Ningunha desas ligazóns é unha referencia válida. Por outra banda, que algo non figure no Nomenclátor da Xunta non significa que non exista. Ten en conta que o territorio é cambiante, entre outros moitos factores. Por iso che digo que o ideal, para poder incluílo aquí con todas as da lei, é que achegues informes de microtoponimia ou algo similar (neste caso que apuntas, parece que a cousa pode ir por aí), e dese modo encher o baleiro que eventualmente poida existir. Noutra orde de cousas, ten presente que os contidos da Wikipedia non son fonte primaria; este non é o lugar para publicar investigacións orixinais. Se en efecto As Rañas é un lugar (oficializado), onde debes acudir é a quen ten competencia para corrixir esa eiva. Unha vez que a Xunta no seu Nomenclátor, o Concello da Coruña no PXOM ou outro organismo competente o recoñeza, daquela aquí non só é que poidamos incluílo, senón que estamos obrigados a facelo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2018 ás 17:48 (UTC)
Cal é unha referencia válida? Xa sabemos que non está no nomenclator da Xunda, deso mesmo estamos a falar. Incluír o topónimo no pxom do concello? Eso xa o está a facer o concello cando nos seus documentos oficiais se emprega ese topónimo e o propio concello (deputación e a Xunta) o pon en sinais de tráfico e indicadores toponímicos. Por certo, moitos dos topónimos do nomenclator da xunta non teñen unha sinal onde indica a xunta, sobre o terreo.--47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 19:41 (UTC)

Veño de atopar un plano no pxom da coruña, da terceira ronda onde se cita As Rañas -> http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/26745PL003.jpg --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 19:49 (UTC)

O concello da Coruña publicou en 2016 un estudo para a organización do municipio en distritos no que se incluíu un estudo dos topónimos no que se recollen 231 barrios ou unidades de poboación. Este documento, con licenza CC BY-NC-SA 4.0, pódese consultar aquí. No mapa que acompaña o estudo aparece As Rañas como "barrio de vivendas unifamiliares" xunto con A Zapateira, Monte Mero e Penamoa (que aparecen no Nomenclátor) e Agra do Foxo (que tampouco vén no Nomenclátor).--Jglamela (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 20:35 (UTC)

  • Moitas grazas, Jglamela. Solucionado entón. Non hai logo nada incorrecto no Nomenclator. Estamos a falar de cousas distintas. O día que cheguemos a ese nivel de detalle, calquera deses barrios de vivendas unifamiliares deberán figurar como tales. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2018 ás 20:40 (UTC)
"Barrios de vivendas unifamiliares" (sic) é así como chaman ás aldeas da capital? A Zapateira unha aldea? O topónimo As Rañas existe e está referenciado. Pasamos ao seguinte nivel. Como se inclúe en galipedia? --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 21:10 (UTC)
Na clasificación de "Barrios núcleos" aparecen outros que tampouco veñen no Nomenclátor: A Canteira, Catro Ventos, Marzán, Orra, Agursín, Cadaveiras, Caveiro, O Curro, A Gouxa, Leira do Campo e Pedroso. Talvez algún máis que se me escapase.--Jglamela (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 21:17 (UTC)
Temos un feixe de topónimos (barrios de vivendas unifamiliares (definición urbana)/aldeas (definición rural)) referenciados ao 100% Agora hai que saber como meter eso en galipedia, darlle utilidade. Vai anos parecía impensable ter unha páxina de cada parroquia dos concellos galegos. Hoxe é posible e estase a facer. O próximo será unha páxina para cada lugar de galiza. --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 21:40 (UTC)

Islandsis, islandse ou indlandis???[editar a fonte]

Sobre caracteres nas entradas con lingua checa[editar a fonte]

Boas, veño de revisar os títulos de Jaroslav Seifert e non achei no apartado WP:TRL nada sobre se teño que poñer algunha caixiña para os símbolos que non son os habituais no noso alfabeto, nin se hai algunha norma de transliteración para checo. Alguén podería indicarme se teño que facer algo máis e como se fai? grazas!!--Maria zaos (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 18:46 (UTC)

Maria zaos, non teño coñecementos sobre iso, pero consultei os outros escritores e músicos de Checoslovaquia e ningún ten caixa doutro alfabeto. Ó que pode saber algo do tema é Norrin strange. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2018 ás 22:52 (UTC)
Maria zaos, Elisardojm. O checo escríbese en caracteres latinos, non aplica WP:TRL. Que no artigo teñamos palabras como Žižkov non é problema algún, déixase así, non se pon nin Zhizhkov nin nada semellante. --Norrin (Fálame) 22 de marzo de 2018 ás 08:17 (UTC)
Moitas grazas, @Elisardojm: e @Norrin strange:. Non estaba moi segura e de checo pois a verdade é que nin idea. Se topo con máis agora xa sei o que facer.Saúdos--Maria zaos (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 08:23 (UTC)